Stephen Hawking recoñeceu por primeira vez que consideraría o "suicidio asistido" se a enfermidade motoneuronal que sofre dende hai cinco décadas (Esclerose lateral amiotrófica) se agrava ata o punto de facer a súa vida insoportable ou de facérllela aos que o rodean.
Ciencia Boirense
xoves, 4 de xuño de 2015
xoves, 28 de maio de 2015
xoves, 21 de maio de 2015
O primeiro transplante de cabeza humana
Tras o anuncio científico, que puxo data para a primeira operación de transplante de cabeza no ano 2017, desatouse unha forte polémica sobre o seu alcance ético e social.
xoves, 14 de maio de 2015
Trakr, un can especial
Trakr é o nome dun can moi especial, trátase dun pastor alemán que axudou nas tarefas rescate das vítimas dos atentados terroristas do 11-S en Nova York. O can converteuse en noticia porque un grupo de científicos o clonou, e agora existen cinco cachorros idénticos a este incrible can.
xoves, 7 de maio de 2015
Vladimir Demikhov, un sádico sen igual
Hoxe vouvos a falar sobre un dos experimentos máis atroces na historia da humanidade, o terrible trasplante de cabeza. Este experimento foi realizado por primeira vez por Vladimir Petrovich Demikhov. De seguido falarei sobre el e o seu experimento.
xoves, 30 de abril de 2015
A impresión 4D salva tres nenos cun implante que crece con eles
Kaiba, Garret e Ian apenas xuntaban dous anos entre os tres cando unha impresora lles salvou a vida. Os pequenos naceron cunha rara e grave anomalía nas vías respiratorias. Para sacalos adiante, tiveron que abrirlles a traquea e meterlles un tubo polo que podían respirar grazas a un ventilador mecánico. Os seus poucos meses de vida os pasaban nunha unidade de coidados intensivos. Tres anos despois, os nenos xa están na casa. Todo grazas a unha férula imprimida que creceu con eles ata que os seus diminutos bronquios foron abondo fortes como para que o implante se disolvese por si só.
xoves, 23 de abril de 2015
Gañando terreo ao Ébola
Un estudo realizado en monos ofrece a primeira evidencia de que un fármaco líder desenvolvido para loitar contra o Ébola funciona contra a cepa causante do brote actual na África occidental.
xoves, 16 de abril de 2015
Obtense a primeira foto en cor de Plutón
A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) publicou hoxe a primeira imaxe en cor de Plutón e a súa lúa máis grande, Caronte, obtida pola sonda "New Horizons". Esta sonda, de 480 quilos, saíu o 19 de xaneiro de 2006 nun foguete Atlas V dende Cabo Cañaveral (Florida, EUA) e deberá chegar ás proximidades do planeta anano e máis afastado do Sol o 14 de xullo deste ano.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)