xoves, 27 de novembro de 2014

Unha culler mellora a vida de pacientes con Parkinson



Google está a investir diñeiro, cerebros e tecnoloxía en mellorar unha culler que, por medio de centos de algoritmos, permite ás persoas que padecen Parkinson alimentarse sen derramar a súa comida.
O artefacto chamado Liftware, que percibe o movemento da man e efectúa instantaneamente os axustes para mellorar o equilibrio, reduciu 76 por cento o tremor en ensaios clínicos, de acordo con The Associated Press.
Se queres saber máis sobre esta enfermidade, fai click aquí

xoves, 20 de novembro de 2014

O cerebro non esquece a lingua materna

Pode que as persoas que abandonaron o seu país de orixe de moi pequenas xa non recorden a súa lingua natalNon obstante, os patróns neuronais creados polo idioma que escoitaron nos seus primeiros anos de vida permanecen intactos no seu cerebro.

luns, 27 de outubro de 2014

Fukushima ao borde do colapso nuclear

A semana pasada a cidade de Fukushima foi golpeada por un tifón (cidade que como recordaredes foi a protagonista do maior accidente nuclear dende o accicdente de Chernóbil), o tifón Vongfong o cal é reponsable de nove mortes e dous desaparecidos no Pacífico asiático, con ventos de máis de 210 km/h. 

xoves, 23 de outubro de 2014

Mario Pérez Sayáns, o exterminador do cancro oral

Este gran doutor galego; nado no meu pobo natal, Boiro, publicou pouco tempo atrás un libro titulado Tendencias actuales en el cáncer oral.
Neste libro, escrito por el e por un compañeiro da súa facultade, Abel García García (Facultade de Mediciña e Odontoloxía na Universidade de Santiago de Compostela), narra os problemas do cancro oral entre os cales están:

xoves, 16 de outubro de 2014

Ébola, o terror biolóxico

O ébola é unha enfermidade infecciosa viral aguda que produce febre hemorráxica en humanos e primates (monos, gorilas e chimpancés) e cuxa taxa de mortalidade pode chegar ao 90%.

O virus do Ébola, un dos máis mortíferos que existen, detectouse por vez primeira en 1976 en dous brotes simultáneos acontecidos en Nzara (Sudán) e Yambuku (República Democrática do Congo, entón Zaire). A aldea en que se produciu o segundo deles está situada preto do río Ébola, e de aí toma o seu nome.

Ten cinco variedades: Sudán, Zaire, Reston, Côte d'Ivoire (Costa de Marfil) e Bundibugyo, das cales Sudán, Zaire e Bundibugyo se asociaron a importantes brotes de febre hemorráxica en África.

O virus altera un tipo de células chamadas "endoteliais" que recobren a superficie interior dos vasos sanguíneos e a coagulación. Ao danar os vasos sanguíneos as plaquetas non son capaces de coagular, e os pacientes sucumben a un shock hemorráxico que deriva nunha perda moi grave de sangue.

mércores, 8 de outubro de 2014

Virus do Papiloma Humano

Científicos da Universidade Johns Hopkins (EUA) confirmaron a asociación entre o consumo de tabaco ou a exposición a este e a infección co virus do papiloma humano tipo 16 (VPH16), o virus de transmisión sexual responsable da gran maioría dos cancros de boca e garganta en todo o mundo.

xoves, 25 de setembro de 2014

Hepatitis C

A enfermidade da hepatitis C é unha enfermidade descuberta no ano 1989 producida por un virus e por tanto, unha enfermidade contaxiosa.

martes, 23 de setembro de 2014

Presentación

Bos días, chámome Antón Vidal, son un alumno de Ciencias para o Mundo Contemporáneo no instituto boirense IES Praia Barraña,
asinatura impartida neste centro pola mestra Ana Urbieta.