luns, 27 de outubro de 2014

Fukushima ao borde do colapso nuclear

A semana pasada a cidade de Fukushima foi golpeada por un tifón (cidade que como recordaredes foi a protagonista do maior accidente nuclear dende o accicdente de Chernóbil), o tifón Vongfong o cal é reponsable de nove mortes e dous desaparecidos no Pacífico asiático, con ventos de máis de 210 km/h. 

xoves, 23 de outubro de 2014

Mario Pérez Sayáns, o exterminador do cancro oral

Este gran doutor galego; nado no meu pobo natal, Boiro, publicou pouco tempo atrás un libro titulado Tendencias actuales en el cáncer oral.
Neste libro, escrito por el e por un compañeiro da súa facultade, Abel García García (Facultade de Mediciña e Odontoloxía na Universidade de Santiago de Compostela), narra os problemas do cancro oral entre os cales están:

xoves, 16 de outubro de 2014

Ébola, o terror biolóxico

O ébola é unha enfermidade infecciosa viral aguda que produce febre hemorráxica en humanos e primates (monos, gorilas e chimpancés) e cuxa taxa de mortalidade pode chegar ao 90%.

O virus do Ébola, un dos máis mortíferos que existen, detectouse por vez primeira en 1976 en dous brotes simultáneos acontecidos en Nzara (Sudán) e Yambuku (República Democrática do Congo, entón Zaire). A aldea en que se produciu o segundo deles está situada preto do río Ébola, e de aí toma o seu nome.

Ten cinco variedades: Sudán, Zaire, Reston, Côte d'Ivoire (Costa de Marfil) e Bundibugyo, das cales Sudán, Zaire e Bundibugyo se asociaron a importantes brotes de febre hemorráxica en África.

O virus altera un tipo de células chamadas "endoteliais" que recobren a superficie interior dos vasos sanguíneos e a coagulación. Ao danar os vasos sanguíneos as plaquetas non son capaces de coagular, e os pacientes sucumben a un shock hemorráxico que deriva nunha perda moi grave de sangue.

mércores, 8 de outubro de 2014

Virus do Papiloma Humano

Científicos da Universidade Johns Hopkins (EUA) confirmaron a asociación entre o consumo de tabaco ou a exposición a este e a infección co virus do papiloma humano tipo 16 (VPH16), o virus de transmisión sexual responsable da gran maioría dos cancros de boca e garganta en todo o mundo.