xoves, 22 de xaneiro de 2015

O titán dos océanos primitivos

Un grupo de paleontólogos das universidades de Yale e Oxford topouse cun fósil perfectamente conservado en tres dimensións dun crustáceo xigante. O achado ten gran repercusión porque revela unha nova especie de anomalocárido, unha familia extinta de animais mariños similares ás actuais gambas, aínda que dun tamaño moito maior, que viviu no Cámbrico, hai uns 541 millóns de anos

xoves, 8 de xaneiro de 2015

A partir dun montón de terra, a esperanza para un novo e poderoso antibiótico

Un método inusual para a produción de antibióticos pode axudar a resolver un problema urxente mundial: o aumento das infeccións que resisten o tratamento con fármacos de uso común, e a falta de novos antibióticos para substituír os que xa non funcionan.

O método, que extrae as drogas de bacterias que viven na terra, deu un novo e poderoso antibiótico, os investigadores informaron na revista Nature o mércores. O novo fármaco, Teixobactin, foi probado en ratos e cura doadamente infeccións graves, sen efectos secundarios.