Un grupo de paleontólogos das universidades de Yale e Oxford topouse cun fósil perfectamente conservado en tres dimensións dun crustáceo xigante. O achado ten gran repercusión porque revela unha nova especie de anomalocárido, unha familia extinta de animais mariños similares ás actuais gambas, aínda que dun tamaño moito maior, que viviu no Cámbrico, hai uns 541 millóns de anos
.Esta nova especie, bautizada Aegirocassis benmoulae polo seu descubridor, Mohamed Ben Moula, viviu hai uns 480 millóns de anos (durante o período Ordovícico) no sueste de Marrocos e alcanzou un tamaño de máis de dous metros de lonxitude. "Aínda que case todos os outros anomalocáridos eran depredadores activos de tamaño mediano, Aegirocassis tiña un tamaño masivo e alimentábase filtrando plancto. Como tal, é o exemplo máis antigo dun filtrador xigante que xorde dentro dun clado de depredadores activos nun momento dunha gran diversificación do plancto, unha tendencia que se repetiu máis tarde entre quenllas e baleas, demostrando que esta adaptación é un tema evolutivo xeral.

Ningún comentario:
Publicar un comentario