mércores, 8 de outubro de 2014

Virus do Papiloma Humano

Científicos da Universidade Johns Hopkins (EUA) confirmaron a asociación entre o consumo de tabaco ou a exposición a este e a infección co virus do papiloma humano tipo 16 (VPH16), o virus de transmisión sexual responsable da gran maioría dos cancros de boca e garganta en todo o mundo.

O subtipo 16 do VPH encóntrase no 80% dos cancros localizados na parte posterior da garganta e transmítese a través do sexo oral. 
Os resultados do traballo que se publica en «JAMA» mostran que a infección por VPH 16 é máis común entre aquelas persoas que recentemente fuman ou foron expostas ao tabaco, independentemente do seu comportamento sexual.                                 


Ningún comentario:

Publicar un comentario