xoves, 20 de novembro de 2014

O cerebro non esquece a lingua materna

Pode que as persoas que abandonaron o seu país de orixe de moi pequenas xa non recorden a súa lingua natalNon obstante, os patróns neuronais creados polo idioma que escoitaron nos seus primeiros anos de vida permanecen intactos no seu cerebro.
E estes patróns, mantéñense no tempo mesmo se a persoa non volveu estar en contacto coa súa primeira lingua, segundo revelou un estudo publicado na revista "Proceedings of the National Academy of Sciences".
Esta pegada, deixada pola lingua esquecida, podería facilitalo aos que viviron esta situación, como por exemplo os nenos adoptados por pais doutras nacionalidades, a aprendizaxe do seu idioma natal no futuro.



1 comentario: