Un estraño animal a medio camiño entre o oso e o canguro pero sen pelo, foi capturado en China.
Como se pode apreciar na foto, o animal carece de pelo, é de cor branca e ten unha cola similar aos canguros. Fue atrapado por cazadores chineses na provincia de Sichuan, tras unha información local advertindo de que un oso andaba solto.
O Cazador Lu Chin dixo aos medios:
"Parece un Oso pero non ten pelo e a cola tena como a dun canguro. Tampouco soa como un oso, a súa voz é máis parecida a un gato e estanos a chamar todo o tempo. Está a buscar ao resto da súa especie, ou quizais sexa o último? "
As lendas locais falaban dende hai moito tempo dun oso que era antes un home, e parece ser que se referían a este ser. De novo un animal cuxa existencia estaba reservada ás lendas, pasa a ser unha especie casi confirmada.
O animal será levado a Beijing (Pekin) para exclarecer a súa procedencia mediante análises xenéticas (ADN).
Teño que recoñecer que inicialmente deixei voar a imaxinación e, non sen certos indicios, relacionei o estraño animal co desaparecido Tilacino ou Lobo marsupial (Oceanía) ou Tigre de Tasmania. Si, ambos os dous tiñan certo parecido en orellas e morro pero carecemos de máis fotos ou información ao respecto, o cal nos fai inclinarnos máis cara a unha hipótese de falsificación. Probablemente fose unha civeta ou outro animal parecido maltratado, sen máis probas é o único que podemos dicir.
Dado que non temos referencia do tamaño, a hipótese da civeta sería aceptable e ademais explicaría que emitise sons similares aos dun gato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario