xoves, 7 de maio de 2015

Vladimir Demikhov, un sádico sen igual

Hoxe vouvos a falar sobre un dos experimentos máis atroces na historia da humanidade, o terrible trasplante de cabeza. Este experimento foi realizado por primeira vez por Vladimir Petrovich Demikhov. De seguido falarei sobre el e o seu experimento.
Vladimir Petrovich Demikhov era un científico ruso coñecido polos seus traballos pioneiros no transplante de órganos. As súas primeiras probas consistiron nos transplantes de corazón e pulmóns en animais, pero sen dúbidas a súa fase experimental máis coñecida é a que se sucedeu entre 1930 e 1950, onde conseguiu realizar o transplante de cabezas en cans.

En 1952 logrou transplantarlle exitosamente un corazón a un can (adiantándose varios anos ao transplante do doutor Barnard), e obtendo os que se considera o maior éxito da historia da medicina rusa.

Non obstante, o seu experimento máis notorio foi o transplante de cabeza que realizou en 1953. Demikhov logrou inserir a cabeza dun cachorro ao corpo dun mastín adulto. Despois da operación, os médicos observaron como o can anfitrión sufría mesmo un rexuvenecemento. Tamén chegouse a observar a ambos os dous cans salivar e ter sede ao mesmo tempo, pero finalmente o animal morreu varios días despois do transplante. 


Experimento de Vladimir Demikhov
vídeo mostra un fragmento da operación quirúrxica, e o can con dúas cabezas, bebendo auga por ambas as dúas delas e paseando.


Fotos do experimento: Non recomendable para personas sensibles

Ningún comentario:

Publicar un comentario