xoves, 30 de abril de 2015

A impresión 4D salva tres nenos cun implante que crece con eles

KaibaGarret e Ian apenas xuntaban dous anos entre os tres cando unha impresora lles salvou a vida. Os pequenos naceron cunha rara e grave anomalía nas vías respiratorias. Para sacalos adiante, tiveron que abrirlles a traquea e meterlles un tubo polo que podían respirar grazas a un ventilador mecánico. Os seus poucos meses de vida os pasaban nunha unidade de coidados intensivos. Tres anos despois, os nenos xa están na casa. Todo grazas a unha férula imprimida que creceu con eles ata que os seus diminutos bronquios foron abondo fortes como para que o implante se disolvese por si só.


Cunha impresora 3D pódese imprimir case de todo, dende coches ata unha miniatura da torre Eiffel. Cun programa de deseño por ordenador, a fabricación por capas ofrece a posibilidade de personalizar case calquera cousa, un aspecto que a fai moi interesante para a medicina. Xa se imprimen ósos, próteses dentais, cartilaxes... Pero, cos nenos hai problema: crecen moi á présa. Para eles necesítanse obxectos que, unha vez imprimidos, poidan cambiar co tempo e adaptarse ao seu crecemento. É a cuarta dimensión ou impresión 4D.



Ningún comentario:

Publicar un comentario