A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) publicou hoxe a primeira imaxe en cor de Plutón e a súa lúa máis grande, Caronte, obtida pola sonda "New Horizons". Esta sonda, de 480 quilos, saíu o 19 de xaneiro de 2006 nun foguete Atlas V dende Cabo Cañaveral (Florida, EUA) e deberá chegar ás proximidades do planeta anano e máis afastado do Sol o 14 de xullo deste ano.
A fotografía revela que Caronte é máis escuro que Plutón, un contraste que pode deberse á súa diferente composición, ou ben puido ser causada por unha atmosfera previa e non vista de Caronte.
As preguntas que deixa esta primeira imaxe deberían resolverse en poucos meses, cando a sonda "New Horizons" chegue este verán a Plutón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario