xoves, 26 de marzo de 2015

O fin da última glaciación

O final do último período glacial, hai 15.000 anos, coincidiu coa liberación de grandes cantidades de dióxido de carbono almacenado nos océanos do hemisferio sur.
O traballo, conclúe que o carbono que foi liberado do fondo dos océanos á atmosfera provocou un aumento das concentracións de CO2 e un incremento global das temperaturas no planeta.
Segundo os investigadores, o descubrimento achega novos coñecementos sobre como os océanos inflúen no ciclo do carbono e no cambio climático.
Para chegar a estas conclusións, calculouse o contido en carbono das augas superficiais ao longo dos séculos mediante o estudo da composición química das cunchas calcáreas de antigos organismos mariños que habitaban a superficie do océano hai miles de anos, e que agora xacen baixo o leito mariño.




Ningún comentario:

Publicar un comentario