xoves, 14 de maio de 2015

Trakr, un can especial

Trakr é o nome dun can moi especial, trátase dun pastor alemán que axudou nas tarefas rescate das vítimas dos atentados terroristas do 11-S en Nova York. O can converteuse en noticia porque un grupo de científicos o clonou, e agora existen cinco cachorros idénticos a este incrible can.

Trakr é un can que tivo un papel no curso da historia

Trakr foi moi famoso por rescatar á última persoa con vida do 11-S, segundo informa o diario británico The SunJames Symington, un policía retirado, quedou co can tras os tráxicos atentados e, pouco despois, gañou un concurso organizado pola empresa de clonación BioArts International, unha compañía con licenza para a clonación de mascotas e doutros animais en perigo de extinción.

O ex axente ten asegurado que coñecer aos cinco cachorros, "idénticos" a Trakr, foi un experiencia "moi emocionante". Ademais, confía en que se chegan a ter as mesmas habilidades seguirán axudando a rescatar xente en problemas. 
"Unha vez na vida, resulta que un can non só captura os corazóns de todos aqueles aos que toca senón que ademais tivo un papel no curso da historia", afirmou Symington.
                     Trakr e os seus clons
Pois ben, os clons deste pequeno heroe foron vendidos cada un pola asombrosa cifra de 200000 $.

Ningún comentario:

Publicar un comentario