Manter vivo alguén contra a súa vontade é a maior indignidade posible.Declarou o científico de 73 anos, nunha entrevista con Dara O'Briain para a BBC que será emitida o 15 de xuño. O físico de Cambridge apuntouse ao debate sobre o suicidio asistido no 2013 cunha das súas frases para a posteridade
Non permitimos que os animais sufran, porque o permitimos cos seres humanos?
Nesa mesma entrtevista, o maravilloso científico asegurou non obstante que hoxe por hoxe non sente grandes dores, máis alá das "molestias" ocasionadas pola súa inmobilidade. A nivel mental, asegura, o estímulo segue intacto:
Sentiríame como un condenado se soubese que vou morrer antes de poder desenredar o Universo.
Son tímido e séntome esgotado ás veces
Recoñece na entrevista, coa súa voz computerizada de sempre, aínda que a bordo da súa nova cadeira "intelixente".
Resúltame difícil falar coa xente que non coñezo".
Lamentablemente non atopei a entrevista na rede na que Stephen Hawking comentaba todo isto, pero si que atopei unha das máis importantes que lle fixeron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario