xoves, 30 de abril de 2015

A impresión 4D salva tres nenos cun implante que crece con eles

KaibaGarret e Ian apenas xuntaban dous anos entre os tres cando unha impresora lles salvou a vida. Os pequenos naceron cunha rara e grave anomalía nas vías respiratorias. Para sacalos adiante, tiveron que abrirlles a traquea e meterlles un tubo polo que podían respirar grazas a un ventilador mecánico. Os seus poucos meses de vida os pasaban nunha unidade de coidados intensivos. Tres anos despois, os nenos xa están na casa. Todo grazas a unha férula imprimida que creceu con eles ata que os seus diminutos bronquios foron abondo fortes como para que o implante se disolvese por si só.

xoves, 23 de abril de 2015

Gañando terreo ao Ébola

Un estudo realizado en monos ofrece a primeira evidencia de que un fármaco líder desenvolvido para loitar contra o Ébola funciona contra a cepa causante do brote actual na África occidental.

xoves, 16 de abril de 2015

Obtense a primeira foto en cor de Plutón

A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) publicou hoxe a primeira imaxe en cor de Plutón e a súa lúa máis grande, Caronte, obtida pola sonda "New Horizons". Esta sonda, de 480 quilos, saíu o 19 de xaneiro de 2006 nun foguete Atlas V dende Cabo Cañaveral (Florida, EUA) e deberá chegar ás proximidades do planeta anano e máis afastado do Sol o 14 de xullo deste ano.